top of page
  • Black YouTube Icon
  • Black Instagram Icon
O Viso, Santiago de Compostela

2019

Os contrapuntos dunha das aldeas da periferia máis inmediata da cidade capital do país.

O Viso, Santiago de Compostela | Aldeas Galas
Un día con José
Un día con José Antonio Montoiro
Un día con José Antonio Montoiro | Aldeas Galas: O Viso
Un día con Marisol
Un día con Marisol Andrade | Aldeas Galas: O Viso

Ao carón da cidade, hai un rapaz que bota as vacas a pacer pola corda, que moe o millo no muíño e que pertence con orgullo á casa do Quinto. Jose é veterinario e percorre quilómetros de estrada todos os días, mais o punto de partida e punto de remate da xeira sempre é o mesmo: a corte onde ten os seus animais, aos que coida con tanto esmero.

Un día con Marisol Andrade
Un día con Rocío

Marisol recorda con cariño e estima aqueles tempos nos que subía ao pueblo repartir o leite polas casas. Conta que se movía de marabilla pola cidade coa súa express vermella! Dende aquela os tempos cambiaron, pero O Viso segue sendo o lugar que máis vantaxes reúne para ela.

Un día con Rocío Martínez
Un día con Rocío Martínez | Aldeas Galas: O Viso
Un día con Jesús

Rocío, se ben cando era cativa desexaba vivir no centro de Santiago, o destino levouna ata O Viso hai uns dez anos. Naceu nunha aldea e hoxe en día segue sendo o espazo no que se sente máis cómoda. No seu relato, non dubida en facer un alegato en defensa do rural, e en concreto, do máis próximo ás cidades.

Un día con Jesús Vieites
Un día con Jesús Vieites | Aldeas Galas: O Viso

Jesús vive entre a autopista e o tren. Di que polo medio e medio - onde está a súa casa - non cre que pase "ningún bicho máis". Orgulloso de ser do Viso, e logo de pasar máis de media vida traballando en diferentes fábricas, agora dedícase a coidar das súas galiñas e da súa horta. Con todo, pensa que o futuro do lugar estará na edificación de chalets e de máis construcións.

Climate Change, Reversed

Aldeas Galas | 2019

bottom of page